Ducado de Roma

O Ducado romano foi unha parte do Exarcado de Italia (finais do século VI - 751), ou sexa das posesións bizantinas na península. Comprendía boa parte do actual Lacio e unha área reducida da Umbría meridional (Amelia e zonas limítrofes). Estendíase aproximadamente desde Narni e Viterbo (alto Lacio) ata Gaeta e Atina (nos confíns da Terra di Lavoro).

Os ducados foron os sucesores das Eparquías (provincias en grego) na nova organización civil e militar creada polos bizantinos tras a invasión dos longobardos en Italia, iniciada no 568.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in