Orixe | Birmingham, Inglaterra |
---|---|
Período | 1978 - presente |
Xénero(s) | pop rock, New Wave, synthpop |
Selo(s) discográfico(s) | Capitol, EMI, Parlophone, Virgin, Epic, Hollywood, Tapemodern, Allido |
Membros | Nick Rhodes John Taylor Roger Taylor Simon Le Bon |
Antigos membros | Stephen Duffy Simon Colley Andy Wickett Jeff Thomas Alan Curtis Andy Taylor Warren Cuccurullo Sterling Campbell |
Artistas relacionados | Arcadia, The Power Station, TV Mania, Neurotic Outsiders, The Devils, Chicanery, Robert Palmer, Missing Persons, John Frusciante, Mark Ronson |
Na rede | |
duranduran.com | |
|
Duran Duran é unha banda inglesa de New Wave formada en Birmingham en 1978. Foi un dos grupos máis exitosos dos anos 80 e un dos principais da "Segunda invasión británica" dos Estados Unidos, conducida pola MTV. Dende os anos 80 levan colocados 14 sinxelos no top 10 británico e 21 na lista estadounidense Billboard Hot 100 e ten vendidos, segundo o Sunday Mercury, máis de 100 millóns de discos.
Aínda que se lles considerou normalmente parte da escena New Romantic, xunto con bandas como Spandau Ballet, cando apareceron, posteriormente cambiaron esa imaxe. O grupo traballou con deseñadores de moda para crear unha imaxe distintiva e elegante que lles fixo gañarse o alcume de "os rapaces máis guapos do rock". Os controvertidos vídeos de Duran Duran, que incluían espidos parciais e suxerían sexualidade, fixéronse populares a comezos dos 80 na entón nova canle de vídeos MTV. Duran Duran estivo entre os primeiros grupos en ter vídeos rodados por directores profesionais con cámaras de cine de 35 mm, que lle daban aos seus vídeos unha aparencia moito máis coidada.
O grupo formárono Nick Rhodes, John Taylor e Stephen Duffy, entrando posteriormente Roger Taylor e, despois de numerosos cambios de persoal, Andy Taylor e Simon Le Bon (ningún dos Taylors son parentes, e Roger Taylor non debe confundirse co batería de Queen do mesmo nome). A banda nunca se separou, pero a formación cambiou para incluír ao guitarrista Warren Cuccurullo dende 1989 ata 2001 e ao batería Sterling Campbell dende 1989 ata 1991. A reunión dos cinco membros orixinais a comezos dos anos 2000 creou axitación entre os seareiros e os medios musicais. Andy Taylor deixou o grupo a mediados do ano 2006, e o guitarrista de Londres Dom Brown vén traballando dende entón con Duran Duran como músico de estudio e xira.