Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O edema ou hídrops refírese a unha acumulación anormal de líquido no compartimento extracelular intersticial ou nas cavidades corporais por mor do aumento da presión hidrostática, diminuición da presión coloidosmótica, aumento da permeabilidade vascular (inflamación) e diminución da drenaxe linfática. Está constituído dunha solución acuosa de sales e proteínas do plasma e a súa composición varía conforme a causa do edema. Cando o líquido se acumula no corpo enteiro denomínase edema xeneralizado ou anasarca. O edema na cavidade abdominal denomínase ascite.