Editorial Citania | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1957 |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Editorial Citania foi unha editorial galega creada no exilio, en Buenos Aires (Arxentina) fundada en 1957 polo artista gráfico e escritor galego Luís Seoane e por Diego Díaz Dorado (Centro Lucense). Uníronse a eles Antonio Baltar (membro de AGUEA), Manuel María Varela e Perfecto López, quen presidiría a editorial. No ano 1959, a actividade de Citania cesou, mais a pesar da súa brevidade tivo importancia na época polo seu esforzo no desenvolvemento e no coñecemento do acervo artístico-cultural de Galiza.[Cómpre referencia] O nome fai referencia a un tipo de poboado fortificado castrexo (aínda que esta denominación está obsoleta), e o emblema é un tríscele celta. O fin da editorial era a publicación de obras de escritores censurados e exiliados e a achega de solucións para a situación socio-política, económica e cultural de Galiza. Alén diso, Citania derivou do labor de compromiso coa realidade galega e co galeguismo, coa reapropiación da memoria histórica e a rexeneración cultural e artística de Galiza.[1]