Editorial Hugin e Munin | |
---|---|
Tipo | Editora |
Fundación | 2011 |
Localización | Santiago de Compostela |
Fundador | Alejandro Tobar |
Na rede | |
http://www.huginemunin.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hugin e Munin é unha editorial galega aparecida a finais do ano 2011. Está localizada en Santiago de Compostela e orientada á tradución de literatura estranxeira ó galego. Os primeiros títulos da compañía foron Servizo de Correos e O forasteiro misterioso, obras dos americanos Charles Bukowski e Mark Twain respectivamente.
O responsable da editorial é o lugués Alejandro Tobar.[1]
A editorial tomou o nome da parella de corvos Hugin e Munin, da mitoloxía nórdica, que están asociados ó deus Odín.