Eilat

Modelo:Xeografía políticaEilat
אילת‏‎ (he) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 29°33′N 34°57′L / 29.55, 34.95
EstadoIsrael
DistritoDistrito Sul (pt) Traducir
SubdistritoBeersheba Subdistrict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación51.935 (2019) Editar o valor en Wikidata (612,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie84,789 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Vermello e Golfo de Aqaba Editar o valor en Wikidata
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Creación1951 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMeir Yitzhak Halevi (pt) Traducir (2003–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+972 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Palanga (pt) Traducir
Sorrento (pt) Traducir
Toronto
Benidorm
Ialta
Ushuaia
Serres (pt) Traducir
Os Ánxeles (1959–)
Durban (1976–)
Antibes (1979–)
Kamen (1980–)
Kampen (Países Baixos) (pt) Traducir (1983–)
Smolyan (pt) Traducir (1985–)
Arica (1997–)
Piešťany (pt) Traducir (2006–)
Karlovy Vary (pt) Traducir (2012–)
Yinchuan (pt) Traducir (2012–)
Sopron (2015–)
Acapulco (2017–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webeilat.muni.il Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5746997

Eilat (en hebreo: אֵילַת e en árabe: إيلات) é a máis meridional das cidades do Estado de Israel, cun importante porto e un concorrido resort internacional. Sitúase no Distrito Meridional de Israel, na exigua costa que o país ten sobre o golfo de Eilat na rexión sur do Deserto do Negev, no extremo sur do Aravá. A súa poboación en 2016 era duns 50.072 habitantes [1] A cidade sitúase ao carón da poboación exipcia de Taba ao sur e coa cidade portuaria xordana de Aqaba ao leste, e a vista de Arabia Saudita ao sueste, cruzando o golfo. O seu nome deriva da bíblica cidade Elath, que adoita identificarse hoxe en día coa veciña Aqaba. As praias da cidade, a vida nocturna e as paisaxes do deserto, converten a cidade nun destino popular para o turismo nacional e internacional.

O abrasante calor do Negev, un dos máis áridos desertos do planeta, queda suavizado pola situación costeira de Eilat: as augas do mar Vermello axudan a suavizar as altas temperaturas, gozando a cidade dun clima idóneo que fixo unha das máis importantes atraccións turísticas de Israel. O reclamo turístico queda completado coa existencia de formacións coralinas, moi apreciadas polos submarinistas, e as expedicións de aventura ao interior do Negev.

  1. "List of localities, in Alphabetical order" (PDF). Israel Central Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in