Einojuhani Rautavaara |
|
Nacemento | (fi) Eino Juhani Rautavaara 9 de outubro de 1928 Helsinqui, Finlandia |
---|
Morte | 27 de xullo de 2016 (87 anos) Helsinqui, Finlandia |
---|
Educación | Academia Sibelius (pt) Escola Juilliard |
---|
|
Campo de traballo | Ópera, sinfonía, Música de cámara e música |
---|
Ocupación | compositor, musicólogo, profesor universitario |
---|
Empregador | Academia Sibelius (pt) Escola Juilliard |
---|
Xénero artístico | Música clásica contemporánea |
---|
Profesores | Aarre Merikanto (pt) , Aaron Copland e Wladimir Vogel (en) |
---|
Alumnos | Harri Ahmas (en) , Magnus Lindberg, Kalevi Aho (pt) , Olli Mustonen (en) e Esa-Pekka Salonen |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Mariaheidi Rautavaara (1959–1982) |
---|
Fillos | Markojuhani Rautavaara |
---|
Pai | Eino Rautavaara |
---|
Parentes | Aulikki Rautawaara, curmán |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Einojuhani Rautavaara ( pronunciación (axuda · info)), nado en Helsinqui o 9 de outubro de 1928 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 2016,[1][2] foi un compositor finlandés. Rautavaara é considerado un dos compositores finlandeses máis destacados dende Jean Sibelius, así como un dos máis coñecidos.
Rautavaara destacou por ser un compositor prolífico, con obras de gran variedade formal e estilística que grazas á súa accesibilidade conseguiron facerse populares entre o público.[3] As súas variadas composicións son mostra da súa propia personalidade como compositor. O recoñecemento da súa obra púxose de manifesto nos numerosos encargos que recibiu de numerosas institucións en todo o mundo.[4]
- ↑ Huuhtanen, Matti (28-7-2016). "Finnish composer Einojuhani Rautavaara dead at age 87". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29-07-2016. Consultado o 29-7-2016.
- ↑ "Säveltäjä Einojuhani Rautavaara on kuollut". mtv.fi. 28-7-2016. Arquivado dende o orixinal o 02-08-2016. Consultado o 29-07-2016.
- ↑ last.fm (ed.). "Einojuhani Rautavaara" (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2014.
- ↑ Naxos (ed.). "EINOJUHANI RAUTAVAARA" (en inglés). Consultado o 13 de setembro de 2014.