Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Electronic Arts | |
---|---|
Tipo | distribuidora de videoxogos e empresa de capital aberto |
Data de fundación | 28 de maio de 1982 |
Fundador(es) | Trip Hawkins |
Presidente/a | Andrew Wilson (en) (2021-) |
Director/a | Andrew Wilson |
Nº de empregados | 11.000 (2021) |
Organización subsidiaria | PopCap Games, Softcannon, Crystal Dynamics, EA Sports, Electronic Arts K.K., Respawn Entertainment, EA Digital Illusions CE, EA Studios Japan, EA Bright Light, Bullfrog Productions, Maxis, Criterion Games e Glu Mobile |
Sede | Redwood Shores |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.ea.com e https://help.ea.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Electronic Arts, Inc. (abreviada EA) é unha empresa estadounidense desenvolvedora e distribuidora de videoxogos para computador e videoconsolas fundada por Trip Hawkins. É a primeira no sector chamada third party, é dicir licenciataria para producir xogos en videoconsolas de terceiras empresas. As súas oficinas centrais están en Redwood City (California). Ten estudos en varias cidades dos Estados Unidos, no Canadá, o Xapón e Inglaterra. Posúe diversas subsidiarias, como EA Sports, encargada dos simuladores deportivos, EA Games para os demais xogos, e subsidiarias adquiridas durante o tempo como Maxis, entre outras. Electronics Arts tamén posúe a maior distribución do mundo neste sector, con oficinas en países como o Brasil, Polonia, a República Checa e o Xapón.