(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ellen Grace Philpotts-Page 21 de febreiro de 1987 (37 anos) Halifax, Canadá |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Queen Elizabeth High School (en) Vaughan Road Academy (en) Shambhala School (en) Halifax Grammar School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, Produción de cinema, dirección de cine e Activismo |
Lugar de traballo | Beverly Hills |
Ocupación | actor de cinema |
Período de actividade | 1997 - |
Familia | |
Cónxuxe | Emma Portner (–2021) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Elliot Page,[1] nado como Ellen Grace Philpotts-Page en Halifax, Nova Escocia o 21 de febreiro de 1987,[2][3] é un actor e produtor canadense. É coñecido polo seu papel no filme e serie de televisión Pit Pony (1997–2000), o cal lle valeu un Premio Young Artist, e polos seus papeis recorrentes en Trailer Park Boys (2002) e ReGenesis (2004). Page tamén obtivo recoñecemento polo seu papel no filme Hard Candy (2005), gañando o premio da Austin Film Critics Association á mellor actriz.
Page conseguiu recoñecemento internacional pola súa interpretación no filme de Jason Reitman Juno (2007), que lle valeron nomeamentos para os Premios Óscar, os BAFTA, os Critics' Choice Awards, os Globos de Ouro e os Screen Actors Guild Award. Tamén conseguiu eloxios polas súas interpretacións en The Tracey Fragments (2007), Whip It (2009), Super (2010), Orixe (2010) e Tallulah (2016). Page interpretou a Kitty Pryde nos filmes de X-Men The Last Stand (2006) e Days of Future Past (2014), produciu o flime Freeheld (2015), que tamén protagonizou, e fixo o seu debut como director no documental There's Something in the Water (2019). Dende 2019, interpreta a Vanya Hargreeves na serie de Netflix The Umbrella Academy.
Page anunciou publicamente que era homosexual en febreiro de 2014, e anunciou que era transxénero en decembro de 2020, xunto co seu novo nome, Elliot Page.