Empanada | |
Anacos de empanada. | |
Outros nomes | Bola |
Ingredientes | |
Orixe vexetal | Fariña de trigo ou millo |
Variantes | Empanada galega |
Relacionados | |
Similares | Empanadilla |
Unha empanada ou bola[1] é unha preparación culinaria consistente nunha masa e un recheo que se frixe ou coce no forno.
Consiste nunha masa de fariña, elaborada máis ou menos como unha masa de pan rechea de carne ou outros produtos (tamén verduras, peixes, ou mariscos variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a gastronomía local, pero sendo con moita cebola frixida en aceite o modo tradicional en Galicia. Este é un tipo de alimento de orixe moi antiga que se dá en case tódalas culturas.
A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros cereais, como o millo, engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de graxa (que pode ser aceite, manteiga ou graxa de porco).