Endoproctos

Os endoproctos (Entoprocta, do grego ἔντóς entós, "dentro", "no interior", e πρωκτός prōktós, "ano"), ás veces escrito entoproctos, respectando a ortografía latina, non a pronuncia,[1] tamén chamados kamptozoos (Kamptozoa, do grego κάμτω kámtō, "alombar", "dobrar", e ζωον zōon, "animal") son un filo de animais bilaterais protóstomos, acuáticos, que miden de 0,5 a 5 mm de lonxitude e provsitos dun lofóforo, que se poden distingiuir doutros lofoforados similares, como os briozoos ou ectoproctos pola posición do ano, que queda incluído na coroa de tentáculos.

Son animais sésiles, a maioría deles mariños, aínda que existe algún xénero de auga doce (como Urnatella). Apareceron no xurásico, e se describiron unhas 170 especies.[2]

A miúdo viven en colonias, nas que os individuos, en lugar de fixarse ao substrato por un pé, únense mediante unha especie de estolón (que pode, ao igual que o pedúnculo, producir novos individuos) a outros animais fixos ( como briozoos) ou móbiles (como sipúnculos ou anélidos).[3]

  1. Véxanse outros termos derivados formados co pimeiro elemento endo-, de ἔντο-: endoblasto, endocardio, endocarpo, endocrinoloxía, endoderma, endodoncia, endometrio, endoparasito, endorreico, endoscopia, endosfera, emdosmose, endotelio, endotérmico, endotoxina, endovenoso, endóxeno etc.
  2. Chapman, A. D., 2009. Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618
  3. Walla Walla University, "Entoprocta" Arquivado 06 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in