Endorfina

As endorfinas (do grego endóxeno e morfina)[1] son péptidos opiáceos endóxenos que funcionan como neurotransmisores.[2] Prodúcense na hipófise ou pituitaria e no hipotálamo dos vertebrados durante o exercicio,[3] excitación, dor, consumo de capsaicina (alimentos picantes), amor e orgasmo,[4][5] e parécense aos opiáceos na súa capacidade analxésica e produción dunha sensación de benestar.

A secuencia de aminoácidos da β-endorfina é: Tyr-Gly-Gly-Phe-Met-Thr-Ser-Glu-Lys-Ser-Gln-Thr-Pro-Leu-Val-Thr-Leu-Phe-Lys-Asn-Ala-Ile-Ile-Lys-Asn-Ala-Tyr-Lys-Lys-Gly-Glu[6]. Coñécense tamén a α-endorfina, γ-endorfina[7], α-neo-endorfina e β-neo-endorfina.

As endorfinas pertencen ao grupo dos péptidos opiáceos, entre os que no ser humano están incluídos ademais as encefalinas, dinorfinas, adrenorfina, amidorfina e opiorfina.

  1. Goldstein A, Lowery PJ (1975). "Effect of the opiate antagonist naloxone on body temperature in rats". Life sciences 17 (6): 927–31. PMID 1195988. doi:10.1016/0024-3205(75)90445-2. 
  2. Oswald Steward: Functional neuroscience (2000), page 116. Preview at: Google books.
  3. "The Reality of the "Runner's High"". UPMC Sports Medicine. University of Pittsburgh Schools of the Health Sciences. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 07-feb-2012. 
  4. "'Sexercise' yourself into shape". Health. BBC News. 2006-02-11. Consultado o 07-feb-2012. 
  5. "Get more than zeds in bed -". Mind & body magazine - NHS Direct. UK National Health Service. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2008. Consultado o 07-feb-2012. 
  6. DBGET
  7. Ling N, Burgus R, Guillemin R. "Isolation, primary structure, and synthesis of α-endorphin and γ-endorphin, two peptides of hypothalamic-hypophysial origin with morphinomimetic activity Arquivado 27 de xaneiro de 2023 en Wayback Machine.." Proceedings of the National Academy of Sciences 1976 Nov;73(11):3942-6. PMID 1069261

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in