Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A endoscopia é unha técnica diagnóstica da medicina, que consiste na introdución dunha cámara ou lente dentro dun tubo ou endoscopio a través dun orificio natural, unha incisión cirúrxica ou unha lesión para a visualización dun órgano oco ou cavidade corporal.
O endoscopio é un instrumento (produto sanitario) en forma de tubo, que pode ser ríxido ou semiflexible, e que contén unha luz e unha óptica que permiten a visualización do interior dun órgano oco ou dunha cavidade corporal.[1]
O estudo de endoscopia divídese a grandes liñas en catro grupos:
A endoscopia ademais de ser un procedemento diagnóstico minimamente invasivo, tamén pode realizar manobras terapéuticas como unha colecistectomía laparoscópica ou a toma de biopsias.