Endosoma

endocytic pathway compartments
Micrografía electrónica de transmisión de endosomas en células HeLa humanas. Na foto E son endosomas temperáns (marcador para o receptor da hormona do crecemento, 5 minutos despois da súa internalización, e transferrina), M son endosomas tardíos/MVBs, e L son lisosomas. Barra de 500 nm.

En citoloxía chámanse endosomas os compartimentos rodeados de membrana das células eucarióticas, que forman parte da vía endocítica de transporte de membranas que se realiza entre a membrana plasmática, o lisosoma e o aparato de Golgi. Orixínanse a partir de vesículas que se evaxinan da membrana plasmática (endocitose) e que se fusionan, maduran, e únense a lisosomas ou a vesículas procedentes do Golgi. O endosoma maduro é un compartimento membranoso con forma de vesícula duns 500 nm de diámetro, de aspecto variable. O endosoma pode conter moléculas que proceden do exterior da célula ou do aparato de Golgi e que se dirixen ao lisosoma ou de volta á membrana ou ao aparato de Golgi. Ademais, algúns endosomas poden invaxinar vesículas procedentes da súa propia membrana cara ao seu interior, polo que se enchen de vesículas, formando corpos multivesiculares. Moitas moléculas transportadas dentro da célula fano dentro dos endosomas, e cada unha delas está destinada a un tipo de endosoma determinado. Por tanto, os endosomas representan o principal compartimento de clasificación de substancias do sistema de endomembranas da célula.[1][2]

  1. Mellman I (1996). "Endocytosis and molecular sorting". Annual Review of Cell and Developmental Biology 12: 575–625. PMID 8970738. doi:10.1146/annurev.cellbio.12.1.575. 
  2. Ganley et al., Rab9 GTPase Regulates Late Endosome Size and Requires Effector Interaction for Its Stability, Molecular Biology of the Cell, 2004 December; 15(12): 5420–5430

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy