Enheduanna

Infotaula de personaEnheduanna

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XXIII a. C. Editar o valor em Wikidata
Imperio acadio Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XXIII a. C. Editar o valor em Wikidata
Sumo sacerdote
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaUr Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio acadio Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoetisa , sacerdotisa , escritora , filósofa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sumeria e lingua acadia Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
PaisSargón de Acad Editar o valor em Wikidata  e Tashlultum (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsManishtushu (pt) Traducir, Ilaba'is-takal (en) Traducir, Rimush (pt) Traducir e Shu-Enlil (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 88872243 Editar o valor em Wikidata

Enheduanna (en Sumerio 𒂗𒃶𒌌𒀭𒈾)[1] tamén transliterado como Enheduana, En-hedu-ana e outras variantes,[2] que viviu no século XXIII a.C.,[3] é a poeta máis antiga da que se coñece o seu nome. Era unha alta sacerdotisa da deusa Inanna e da deusa lúa Nanna (Sin). Viviu na cidade-estado sumeria de Ur.[4]

As contribucións de Enheduanna á literatura sumeria inclúen varias oracións persoais a Inanna e unha colección de himnos coñecidos como "Himnos do templo sumerio". Algúns outros textos atribúenselle a ela.[5] Isto convértea na primeira persoa autora dun texto da cal se coñece o nome.[6]

Foi a primeira muller coñecida que levou o título de EN, papel de grande importancia política que habitualmente recibían fillas da nobreza.[7] Foi designada para o posto polo seu pai, o rei Sargón de Acad. A súa nai probablemente foi a raíña Tashlultum.[8][9] Enheduanna recibiu o título de Alta Sacerdotisa nun astuto movemento político de Sargón para axudar a asegurarse o poder no sur do seu reino, onde se situaba a cidade de Ur.[10]

Continuaba no seu cargo durante o reinado do seu irmán Rimush cando se viu involucrada nunha lea política, destituída e logo restablecida como alta sacerdotisa. A súa composición "Exaltación de Inanna" ou "nin me šara"[11] detalla a súa expulsión de Ur e posterior restablecemento.[10] Relaciónase con "A maldición de Acad",[12] en que Naram-Sin, baixo o que Enheduanna puido tamén servir, é maldecido e desterrado por Enlil. Trala súa morte, Enheduanna continuou a ser lembrada como unha figura imporante, chegando quizais a un status semidivino.[13]

  1. Reallexikon der Assyriologie,v.2, B-E, 1938, p. 373
  2. "En HeduAnna (EnHedu'Anna) philosopher of Iraq – 2354 BCE". Women-philosophers dot com. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2018.  "En" significa alta sacerdotisa; coa referencia a Nanna, a Deusa Lúa, o título "heduana" é un epíteto poético da Lúa ("adorno do ceo")
  3. Binkley, Roberta (1998). "Biography of Enheduanna, Priestess of Inanna". University of Pennsylvania Museum. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 22 de decembro de 2018.  "ca. 2285-2250 B.C.E."
  4. Gods, Demons, and Symbols of Ancient Mesopotamia: An Illustrated Dictionary por Jeremy Black e Anthony Green (1992, ISBN 0-292-70794-0), páx. 134 (entrada "Nanna-Suen").
  5. Hallo e Van Dijk 1968 páx. 3.
  6. Binkley, Roberta (2004). "Reading the Ancient Figure of Enheduanna". Rhetoric before and beyond the Greeks. SUNY Press. pp. 47. ISBN 9780791460993. 
  7. J Renger 1967: "Untersuchungen zum Priestertum in der altbabylonischen Zeit", Zeitschrift für Assyriologie und vorderasiatische Archäologie. Vol. 58. páx. 118.
  8. Meier Tetlow, Elisabeth (2004). Women, Crime, and Punishment in Ancient Law and Society. The ancient Near East. Continuum International Publishing Group. ISBN 978-0-8264-1628-5. Consultado o 29 de xullo de 2011. 
  9. Roaf, Michael (1992). Mesopotamia and the ancient Near East. Stonehenge Press. ISBN 978-0-86706-681-4. Consultado o 29 de xullo de 2011. 
  10. 10,0 10,1 Franke, páx. 831
  11. ETCSL translation: t.4.07.2
  12. ETCSL translation: t.2.1.5
  13. Hallo e Van Dijk 1968 páx. 5

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy