Enxiva

Sección transversal dun dente:
A coroa; B raíz
1 esmalte, 2 dentina, 3 polpa, 4 enxiva, 5 tecido conectivo, 6 óso, 7 vaso sanguíneo, 8 nervio.

A enxiva (do latín gingīva) ou xenxiva[1] é unha mucosa formada por tecido conectivo denso cunha cuberta de epitelio escamoso queratinizado que cobre os procesos alveolares e rodea os dentes.[2]

A enxiva é contigua ao ligamento periodontal e, no seu exterior, aos tecidos mucosos da cavidade oral.

Ten polo xeral unha cor rosa pálida e, ao encontrarse adherida aos colos dos dentes (epitelio de unión) e inserida con fibras coláxenas (inserción conectiva), forma unha selaxe que protexe o óso e demais tecidos de soporte.

Segundo a zona onde se encontra, fálase de enxiva marxinal, enxiva inserida e enxiva alveolar.

A enxiva é un dos compoñentes do periodonto.

  1. Enxiva. Dicionario de sinónimos do galego. Ilg.usc.gal.
  2. enxiva Arquivado 18 de novembro de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy