Epona

Epona
Deusa da fertilidade e protectora dos cabalos, ponis e burros
Epona, século II ou III d. C., procedente de Contern, Luxemburgo (Musée national d'art et d'histoire, Cidade de Luxemburgo)
AnimaisCabalos
RexiónGalia e Roma Antiga
Grupo étnicoGalos

Na relixión galo-romana, Epona era a deusa protectora dos cabalos, ponis, burros e mulas. Ela era particularmente unha deusa da fertilidade, como mostran os seus atributos de páteras, cornucopias, espigas e a presenza de poldros nalgunhas esculturas.[1] Ela e os seus cabalos tamén poderían ser guías de almas no paso ao alén, con paralelismos en Rhiannon, do Mabinogion.[2] O culto a Epona, "a única divindade celta adorada tamén pola propia Roma",[3] como patroa da cabalaría,[4] estivo moi estendido no Imperio Romano entre os séculos I e III d.C.; isto é infrecuente para unha divindade celta, a maioría dos cales estaban asociadas a localidades específicas.

  1. Salomon Reinach, "Épona", Revue archéologique (1895:163–95)
  2. Henri Hubert, Mélanges linguistiques offerts à M. J.Vendryes (1925:187–198).
  3. Phyllis Fray Bober, reviewing Réne Magnen, Epona, Déesse Gauloise des Chevaux, Protectrice des Cavaliers in American Journal of Archaeology 62.3 (xullo de 1958, pp. 349–350) p. 349. Émile Thevenot contributed a corpus of 268 dedicatory inscriptions and representations.
  4. Berresford Ellis, Peter (1998). The Ancient World of the Celts. Great Britain. p. 175. ISBN 0-7607-1716-8. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy