Equidna

Taquiglósidos
Tachyglossidae
Equidnas

Rango fósil: mioceno - actualidade

Equidna común (Tachyglossus aculeatus)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Prototheria
Infraclase: Australosphenida
Orde: Monotremata
Suborde: Tachyglossa
Gill, 1872
Familia: Tachyglossidae
Gill, 1872
Xéneros e Especies
Véxase o texto

A dos taquiglósidos (Tachyglossidae) é unha familia de mamíferos da orde dos monotremas, a única da suborde dos taquiglosos (Tachyglossa), coñecidos vulgarmente como equidnas.

As catro especies existentes, xunto co ornitorrinco, son os únicos membros sobreviventes desta orde, e son os únicos mamíferos que poñen ovos. Malia que a súa dieta consiste en formigas e térmites, non están relacionados cos osos formigueiros de América máis que a calquera outro mamífero.

Viven en Australia e Nova Guinea.

Os equidnas reciben o seu nome do Equidna, personaxe da mitoloxía grega (en grego antigo, Εχιδνα Echidna "víbora"; en latín, Echidna) que era unha ninfa monstruosa.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in