Era Meiji

Modelo:Xeografía políticaEra Meiji
明治 (ja) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoI Ching Editar o valor en Wikidata
Localización
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porPeríodo Taishō (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

A era Meiji (xaponés: 明治時代, Meiji jidai) foi un período na historia do Xapón entre o 23 de outubro de 1868 e o 30 de xullo de 1912. Abarca a primeira metade do imperio do Xapón, durante a cal o pobo nipón pasou de ser unha sociedade feudal illada a un estado nación industrializado, influenciado polos desenvolvementos científicos, tecnolóxicos, filosóficos, políticos, legais e estéticos de Occidente. Como resultado desta mudanza radical, os cambios no país foron profundos, afectando á estrutura social, á política interior, á economía, ao exército e ás relacións internacionais. Esta etapa coincide co reinado do emperador Meiji. Foi precedida polo período Keiō e seguida pola era Taishō, despois da coroación do emperador Taishō.

A rápida modernización do país atopou oposición, especialmente entre grupos tradicionalistas da antiga clase samurai, que se rebelaron contra o novo goberno durante a década de 1870. Neste sentido, destacou a figura de Saigō Takamori, quen liderou a rebelión de Satsuma. Porén, tamén houbo apoios ao emperador dende o bando samurai, como os políticos Itō Hirobumi e Itagaki Taisuke.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in