Erboedo | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Erboedo. | |
Concello | A Laracha[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°14′51″N 8°30′41″O / 43.24753333, -8.511275 |
Área | 7,25 km² |
Poboación | 246 hab. (2018) |
Densidade | 33,93 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Erboedo[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 246 habitantes (123 homes e 123 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ó ano 2004 cando tiña 349 habitantes (175 homes e 174 mulleres)