Scarabaeidae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Escarabeidos de Europa central con algúns detalles anatómicos. da obra de Edmund Reitter Fauna Germanica, 1908 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
Aegialiinae |
Os escarabeidos (Scarabaeidae) son unha familia de escaravellos (coleópteros) que consta dunhas 30.000 especies de todo o mundo. A clasificación desta familia é bastante inestable, con numerosas teorías en competencia e aparecen novas propostas a miúdo. Moitas das subfamilias da lista que se dá aquí probablemente non serán recoñecidas durante moito máis tempo, e probablemente serán reducidas a categorías por debaixo da subfamilia, ou elevadas a familias (por exemplo, a familia "Melolonthidae" apareceu en recentes clasificacións). Outras familias foron creadas recentemente e son case universalmente aceptadas (por exemplo, Pleocomidae, Glaresidae, Glaphyridae, Ochodaeidae, Geotrupidae e Bolboceratidae).