Escola dos Annales

A Wikipedia ten o portal:

A chamada escola dos Annales é un movemento historiográfico do século XX que se constitúe en torno ao periódico académico francés Annales d'histoire économique et sociale, tendo se destacado por incorporar métodos das Ciencias Sociais á Historia. Fundada por Lucien Febvre e Marc Bloch en 1929, propúñase a ir alén da visión positivista da historia como crónica de acontecementos (histoire événementielle), substituíndo o tempo breve da historia dos acontecementos polos procesos de longa duración, co obxectivo de tornar intelixíbeis a civilización e as mentalidades. Bloch foi asasinado pola Gestapo durante a ocupación alemá da Francia, na Segunda guerra mundial, e Febvre seguiu coa abordaxe dos Annales nas décadas de 1940 e 1950. Nese período, orientou Fernand Braudel, que se tornou nun dos expoñentes máis coñecidos desa escola. A obra de Braudel definiu unha segunda xeración na historiografía dos Annales e foi moi influente os anos 1960 e 1970, especialmente pola súa obra de 1949, La Méditerranée et le monde méditerranéen à l'époque de Philippe II.[1][2][3] A terceira xeración dos Annales é conducida por Jacques Le Goff e é máis coñecida como a Nova historia, segundo a cal, toda actividade humana é considerada historia. Alén de Le Goff, nese período destácase Pierre Nora.

A escola dos Annales renovou e ampliou o cadro das pescudas históricas ao abrir o campo da Historia para o estudo de actividades humanas até entón pouco investigadas, rompendo coa compartimentación das Ciencias Sociais (Historia, Socioloxía, Psicoloxía, Economía, Xeografía Humana etc.) e privilexiando os métodos pluridisciplinares.[4]

  1. "La Méditerranée et le monde méditerranéen à l'époque de Philippe II" (PDF). data.bnf.fr (en francés). Consultado o 11 de decembro de 2018. 
  2. BRAUDEL, Fernand. O Mediterrâneo e o Mundo Mediterrânico na época de Felipe II. São Paulo: Martins Fontes, 1983.
  3. RIBEIRO, Guilherme (2010-06-25). "A originalidade historiográfica de La Méditerranée et Le monde méditerranéen à l’épo que de Philippe II e a concepção braudeliana de história". História da Historiografia: International Journal of Theory and History of Historiography (en portugués) 3 (4): 125–144. doi:10.15848/hh.v0i4.64. 
  4. JAPIASSU, Hilton; MARCONDES, Danilo (2001). Dicionário Básico de Filosofia (en portugués) (3º ed.). Jorge Zahar Editor. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy