Escrita xaponesa

A escrita xaponesa moderna emprega unha combinación de kanji logográficos, que son caracteres de orixe chinesa, e silabarios kana. Este último consta dun par de silabarios: o hiragana, que se usa maiormente para as verbas nipoas nativas ou naturalizadas e para elementos gramaticais; e katakana, que se usa principalmente para verbas e nomes estranxeiros, onomatopeas, préstamos lingüísticos, nomes científicos e, de cando en vez, dar énfase. Case tódalas frases escritas en lingua xaponesa posúen unha mestura de kanji e kana. Debido a isto, amais de ao grande inventario de caracteres kanji, a escrita xaponesa considérase unha das escritas en uso actual máis complexas.

A seguinte táboa amosa exemplos de escrita nestes sistemas:

Kanji Hiragana Katakana Romaji Galego
わたし ワタシ watashi Eu
おとこ オトコ otoko home
煙草 たばこ タバコ tabako tabaco, cigarro

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy