Escudo de Guinea

O escudo de armas de Guinea foi aprobado oficialmente o 23 de decembro de 1993, a raíz da adopción do novo sistema multipartidista.

É un escudo de arxén sumado dunha pomba voando que leva no pico unha rama de oliveira que cae sobre o campo. Por debaixo do escudo, terzado en pau coas cores panafricanas da bandeira estatal: goles (vermello), ouro (amarelo) e sinople (verde). Na parte inferior figura unha fita co lema nacional en francés: "TRAVAIL, JUSTICE, SOLIDARITÉ" (Traballo, Xustiza, Solidariedade).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy