Escudo de Guinea Ecuatorial

Escudo de Guinea Ecuatorial
Detalles
ArmigerGuinea Ecuatorial
Adoptado21 de agosto de 1979
Crista6 estrelas de seis puntas de ouro
EscudoUn campo de prata, cunha árbore
Divisa"Unidad, Paz, Justicia"
Unidade, Paz, Xustiza

O escudo nacional de Guinea Ecuatorial[1] foi adoptada oficialmente o 21 de agosto de 1979. Este escudo amosa mostra un fondo gris cunha árbore. Esta árbore é unha Ceiba pentandra, o lugar onde se asinou o primeiro tratado entre Portugal e o gobernante local. Sobre o escudo, hai seis estrelas que representan o territorio continental e as cinco illas principais. Abaixo amósase escrito nunha fita o lema nacional en castelán: “Unidad, Paz, Justicia”.

O escudo, moi semellante ó empregado durante a época colonial, foi cambiado durante a ditadura de Francisco Macías Nguema (1972-1979) por outro de reminiscencias máis africanistas, con ferramentas e armas tradicionais, un galo (símbolo do P.U.N.T., o partido de Macías Nguema), e a palabra "Trabajo" engadida ó lema nacional,[2] mais foi restaurado posteriormente en agosto de 1979 tralo derrocamento de Macías.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ecuatoguineano.
  2. "Equatorial Guinea (1973 - 1979)" (en inglés). Crwflags.com. 
  3. "National Flag of Equatorial Guinea". Worldflags (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 21 de xuño de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in