Escudo de Luxemburgo

Escudo de Luxemburgo
Detalles
ArmigerHenrique I de Luxemburgo
Adoptadoca.1235
1972 (versión actual)
CristaCoroa gran ducal
AlicerceLeóns coroados

O escudo do Gran Ducado de Luxemburgo goza de protección legal dende 1972, regulación que foi complementada pola Lei do 17 de xuño de 1993.

Ten tres versións, armas pequenas, medias e grandes. Todas elas teñen como elementos esenciais un único campo burelado de prata e azur de dez unidades, un león de goles, armado, lampasado e coroado de ouro. O escudo aparece timbrado cunha coroa real.

Nas armas grandes a coroa e o campo do escudo aparecen sostidos por dous leóns coroados e baixo o manto do Gran Duque sobre o que se sitúa outra coroa real.

Nas armas medias a composición sería a mesma que no caso anterior pero prescíndese do manto e a coroa colocada sobre o mesmo.

As armas pequenas unicamente estarían compostas polo propio escudo e a coroa real.

A orixe das armas do Estado luxemburgués remóntase aproximadamente ó ano 1235, cando o Conde Henrique V de Luxemburgo fixou a composición do campo do escudo, algúns anos antes, en 1123, o Conde Guillerme de Luxemburgo adoptara un estandarte burelado.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in