Escudo de Trinidad e Tobago | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | República de Trinidad e Tobago |
Adoptado | 1962 |
Torso | Vermello e branco |
Alicerce | Ibis vermello e Cocrico |
Divisa | Together We Aspire, Together We Achieve |
O escudo de armas de Trinidad e Tobago foi deseñado por un comité constituído en 1962 para seleccionar os símbolos para o país. No comité participaron o artista Carlyle Chang e o deseñador George Bailey. O deseño do escudo foi aprobado polo Colexio Heráldico do Reino Unido xa que Trinidad e Tobago foi colonia británica ata ese ano. O escudo de armas consiste nun campo de goles e, elevado por un chevrón de prata e sable no que figuran dous colibrís de ouro e as naves usou Cristovo Colón na súa viaxe ó "Novo Mundo".
Sosteñen o escudo as dúas aves que son consideradas símbolos nacionais: un ibis vermello, símbolo da Illa Trinidad e un Cocrico, símbolo de Tobago. As dúas aves aparecen coas ás estendidas e nas súas cores naturais.
Na parte inferior aparecen Trinidad e Tobago representadas esquematicamente erguéndose sobre o mar e unha cinta na que está escrito o lema nacional, "Together We Aspire, Together We Achieve" (“Xuntos aspiramos, xuntos lográmolo”), en letras de sable.