A escultura foi unha das expresións artísticas máis importantes do pobo etrusco, que habitou a rexión do norte e centro de Italia entre o século -IX e o século -II, aproximadamente. A súa arte era en gran parte unha derivación da arte grega, aínda que desenvolvido con moitas características propias.[1] Por mor da falta case total de documentos escritos etruscos, problema agravado pola pouca información sobre a lingua etrusca, é na arte onde se atopan as chaves para a reconstrución da súa historia, aínda que as crónicas gregas e romanas sexan tamén de grande axuda. Coma a súa cultura en xeral, a escultura etrusca ten miotos aspectos escuros para os estudosos, sendo obxecto de controversia e que obrigan a propoñer as súas interpretacións sempre con carácter provisional, pero o consenso é que foi parte do legado máis importante e orixinal da arte italiana e mesmo contribuíu significativamente na formación inicial das tradicións artísticas da Roma antiga.[2][3] A visión da escultura etrusca como un todo homoxéneo é errónea, tendo importantes variacións, ora rexionais ora temporais.[4]