Eslavonia[1][2][3] (en croataSlavonija) é unha rexión xeográfica e histórica da Croacia oriental. Eslavonia está formada na súa maioría por fértiles chairas, delimitadas en parte ao norte polo río Drava, ao sur polo río Sava e no leste polo Danubio.
Eslavonia non é un ente administrativo, estando Croacia subdividida en 20 condados de dimensións menores, pero representa un dos territorios históricos nos que podería ser dividida a República Croata, xunto con Dalmacia, Croacia Central e Istria.
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 123. ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.
↑Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN9788482887524.