Espazo natural protexido

Espazos protexidos
por rexións continentais
Illas Cíes, do parque nacional das Illas Atlánticas
Illas Cíes, do parque nacional das Illas Atlánticas
Parque Nacional das
Illas Atlánticas
África: 14.7 % terrestre, 2,4 %mariña
América Central: 28,2 % terrestre, 2,1 % mariña
América do Norte: 14,4 % terrestre, 6,9 % mariña
América do Sur: 25,0 % terrestre, 3,9 % mariña
Asia: 12,4 % terrestre, 4,5 % mariña
Caribe: 14,6 % terrestre, 1,2 % mariña
Europa: 13,6 % terrestre, 3,9 % mariña
Oceanía: 14,2 % terrestre, 15,6 % mariña
Océanos do sur: 18,6 % terrestre, 17,7 % mariña
Oriente Medio: 15,2 % terrestre, 1 % mariña
Fracción de área mariña ou terrestre. Fonte: UNEP-WCMC 2014

Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats.[1] Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural.

Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana. A finalidade da protección adoita ser a de paliar o impacto humano nos procesos do ecosistema, que provocan unha redución da biodiversidade,[2] e a de garantir que os ecosistemas se conserven para as futuras xeracións[1].

Hai diferentes tipos de espazos naturais protexidos segundo a categoría que as leis de cada país lle outorguen ou a regulación de convenios de organizacións internacionais, como a Rede Natura 2000 da Unión Europea ou as Reservas da biosfera da UNESCO. Moitos dos espazos mariños protexidos adoitan incluír áreas mariñas extensas e ser transfronteirizos, polo que a súa conservación é un compromiso internacional.

En 2016 só o 14,8% (161 millóns km2) da superficie terrestre e as augas continentais, o 12,7% (3,6 millóns de km2) da costa e o 5,1% (3,6 millóns de km2) das augas oceánicas estaba protexidas por algunha categoría de espazo natural.[3][4]

  1. 1,0 1,1 Biodiversity A-Z, United Nations Environment (eds.). "Protected area definition - Biodiversity A-Z". Consultado o 03/10/2017. 
  2. Dudley, N. (ed.) (2008). IUCN, eds. Guidelines for Appling Protected Areas Management Categories. Suíza. 
  3. Protected Planet. United Nations Environment Programme, eds. (2016). "UNEP-WCMC and IUCN (2016). Protected Planet Report 2016. DEP/2022/CA". UNEP-WCMC e IUCN: Cambridge (Reino Unido). ISBN 978-92-807-3587-1. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2017. Consultado o 03 de outubro de 2017. 
  4. "Protected Planet Report 2016: Update on global statistics from Protected Planet Report 2016" (en inglés). decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2017. Consultado o 03 de outubro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in