Espeleotema, en xeoloxía, é a denominación formal para o que comunmente se coñece como "formacións das cavidades". A palabra está formada polos termos gregos σπήλαιον spélaion "caverna", "gruta" (da que derivan tamén espeleoloxía e espeleólogo) e θέμα thema "depósito", "sedimento".[1], é dicir, "depósito nas cavidades", que se refire xeralmente a depósitos minerais secundarios, formados en covas, grutas ou cavernas, xeralmente en terreos cársticos, tras a xénese destas e nos cales as augas de infiltración que gotexan e escorren teñen un papel fundamental.
Pero atendendo ao uso estendido da palabra en alusión ás "formacións das cavidades", encontramos que existen non só espeleotemas secundarios, senón tamén primarios, dependendo do tipo de cova en que se encontren.[2]