Espora

Esporas do fungo Agaricus bisporus. Imaxe de microscopio electrónico de varrido

En bioloxía, chámase espora ás unidades de reprodución das plantas (no senso da taxonomía de Linneo, ou sexa, incluíndo non só as plantas verdes, senón tamén as algas, os musgos e os fungos). Son tamén denominadas esporas as formas latentes de moitos animais ou os seus embrións, de protistas e de bacterias.

Unha espora é basicamente unha célula envolvida por unha parede celular que a protexe até que as condicións ambientais tornen favorables a súa xerminación. A parede celular das esporas das plantas vasculares, constituída por esporopolenina, o mesmo lípido da parede celular dos grans de pole, é unha das estruturas máis resistentes de todos os seres vivos, permanecendo inalterada por millóns de anos, mesmo despois da morte do contido celular.

O termo espora é xeralmente empregado para designar ás unidades de dispersión das plantas formadas por vía asexual, como os que se forman por meiose nos esporanxios dalgúns fieitos, nos musgos ou nos fungos. Nestas "plantas", as esporas son xeralmente dispersas polo vento ou por animais e xerminan dando orixe a novas plantas que poden reproducirse sexualmente - os gametófitos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy