Estado Libre de Prusia

Modelo:Xeografía políticaEstado Libre de Prusia
Freistaat Preußen (de) Editar o valor em Wikidata

HimnoHeil dir im Siegerkranz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°31′N 13°24′L / 52.52, 13.4Coordenadas: 52°31′N 13°24′L / 52.52, 13.4
Estado desaparecidoRepública de Weimar Editar o valor em Wikidata
CapitalBerlín Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación38.175.986 (1925) Editar o valor em Wikidata (130,87 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo e catolicismo Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie291.700 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Moresnet (pt) Traducir (1918–1920) Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución30 de xaneiro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porZonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernofree state (en) Traducir
República parlamentaria Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoPreußischer Landtag (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaPapiermark Editar o valor em Wikidata

O Estado Libre de Prusia (en alemán: Freistaat Preußen) foi un estado alemán formado despois da abolición do reino de Prusia como consecuencia da derrota do imperio alemán na primeira guerra mundial. Para formar o seu nome preferiuse a utilización do nome patrimonial alemán Freistaat ("Estado Libre"), que equivale aproximadamente a Republik ("República"), porque este último recordaba á cultura latina, que era asociada con Francia pola maioría dos alemáns (e a súa maior inimiga naquela época).

Foi o maior Land do Estado alemán durante a República de Weimar, xa que comprendía case cinco oitavos do seu territorio (o 62,5 %) e gran parte da súa poboación (o 61,3 %).[1] Dado que tiña tanto territorio e poboación, o novo goberno pensou, nun principio, dividir Prusia en varios Länder (estados) máis pequenos e manexábeis, pero o sentimento tradicionalista dos prusianos prevaleceu e Prusia seguiu inalterada (quitando as perdas territoriais).

O democrático Estado Libre de Prusia colapsou cando sucedeu o chamado Preußenschlag (golpe de estado de Prusia) de 1932–1933 e o ministro-presidente Otto Braun foi forzado a renunciar ao seu cargo. O seu goberno acudiu aos tribunais por esta destitución irregular, pero tras as eleccións de 1933 o réxime nazi tomou o control do goberno prusiano.

Desde 1933, o Estado Libre foi privado da democracia parlamentaria e gobernado exclusivamente baixo o liderado do Partido Nacional-Socialista Obreiro Alemán (partido nazi). Inicialmente, Prusia foi administrada polo alto cargo nazi Hermann Göring, que foi nomeado ministro-presidente de Prusia. En 1935, o territorio do Estado Libre foi desmantelado en Reichsgaue,[2] A algunhas delas se lles incorporou territorios prusianos e non prusianos, acabando así con eficacia con Prusia como unha soa unidade territorial de Alemaña. Aínda que o Estado Libre de Prusia continuou existindo nominalmente baixo o mandato de Hermann Göring, en 1935 o goberno prusiano foi realmente absorbido polo goberno do Reich alemán, e a posición de Göring como ministro-presidente foi relegada a un papel simbólico en comparación cos labores máis prominentes que desempeñaba no goberno do Terceiro Reich.

Despois do final da segunda guerra mundial Otto Braun achegouse a mandos militares estadounidenses para solicitar o restablecemento do goberno prusiano legal. Pero estes, e as demais forzas aliadas, que ocuparan toda Alemaña, opuxéronse á idea e declararon suprimida a Prusia en 1947.

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome B
  2. O Reichsgau (plural Reichgaue) era unha división territorial e administrativa do Reich alemán na época do terceiro Reich. Equivalente máis ou menos a unha provincia, o termo xa fora utilizado na época de Carlomagno).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy