Estado de Palestina

Modelo:Xeografía políticaEstado de Palestina
دولة فلسطين (ar) Editar o valor em Wikidata

HimnoBiladi Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 32°00′N 35°15′L / 32, 35.25Coordenadas: 32°00′N 35°15′L / 32, 35.25
CapitalXerusalén
Ramala Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.227.193 (2021) Editar o valor em Wikidata (868,3 hab./km²)
Lingua oficialLingua árabe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie6.020 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo, Mar Morto e Río Kevin Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorOrganización para a Liberación de Palestina Editar o valor em Wikidata
Creación 15 de novembro de 1988:  (Declaración de independencia de Palestina) Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataMahmoud Abbas Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoAutoridade Nacional Palestina Editar o valor em Wikidata
• Primeiro Ministro Editar o valor em WikidataMohammad Shtayyeh (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoConsello Lexislativo Palestino , (Escano: 132) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialConsello Xudicial Supremo Palestino Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal18.109.000.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaNovo sheqel Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ps Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+970 Editar o valor em Wikidata
Código de paísPS Editar o valor em Wikidata

BNE: XX450702

Palestina[n. 1] (árabe: فلسطين, Filasṭīn, Falasṭīn ou Filisṭīn), oficialmente declarado como o Estado de Palestina (árabe: دولة فلسطين, Dawlat Filasṭin), é un Estado con recoñecemento limitado situado no Oriente Medio, máis concretamente no Levante mediterráneo, e que limita con Israel, Xordania, Exipto e a ribeira suroriental do mar Mediterráneo.[2] Tamén é considerado un protoestado.[3] Foi proclamado no exilio en Alxer o 15 de novembro de 1988, cando o Consello Nacional da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) adoptou a declaración de independencia de Palestina de forma unilateral. Nese tempo a OLP non exercía control sobre territorio ningún, e era un goberno no exilio.[4] Aínda hoxe parte do territorio reclamado mantense baixo ocupación israelí.[5] Reivindica os territorios palestinos[6] definidos antes da guerra de 1967, e designou a Xerusalén Leste como a súa capital.[7][8][n. 2] En 1994, conforme aos acordos de Oslo entre a OLP e o Goberno de Israel, foi establecida a Autoridade Nacional Palestina como unha entidade administrativa transitoria.[7][8][12] O 31 de outubro de 2011, foi admitida como membro número 195 da UNESCO, como estado membro de pleno dereito.[13]

O 29 de novembro de 2012 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Resolución 67/19 (proxecto de resolución A/67/L.28) en virtude da cal concedeu a Palestina a condición de «Estado observador non membro» da organización, reafirmando ademais o dereito do pobo palestino a un territorio baixo as fronteiras definidas antes da Guerra de 1967.[14][15] Esta resolución non implica aínda a admisión de Palestina como membro pleno da organización, pois para iso necesitaríase da aprobación do Consello de Seguridade das Nacións Unidas no cal Estados Unidos se opón. O 17 de decembro de 2014 o Parlamento Europeo apoiou publicamente o recoñecemento do Estado de Palestina, tras facelo os parlamentos de varios países membros como Reino Unido, España, Francia, Irlanda[16] e Italia.[17][18][19][20] O recoñecemento do Parlamento Europeo e dos parlamentos nacionais é puramente simbólico, xa que o recoñecemento efectivo débeno realizar cada un dos gobernos dos estados membros. Na actualidade, o único país da UE que o recoñeceu sendo xa membro da Unión foi Suecia, en maio de 2015 tamén foi recoñecido oficialmente pola Santa Sé.[21][22]

  1. "Full transcript of Abbas speech at UN General Assembly". Haaretz. 23 de setembro de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2012. 
  2. El País, Uruguay Arquivado 07 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine..
  3. fr:Adrien Jaulmes. "Ramallah, capitale d'un proto-État". 
  4. The SAGE Handbook of Conflict Resolution (en inglés). SAGE Publications. ISBN 9781412921923. 
  5. "Palestinians 'May Declare State'". BBC News. But another negotiator and senior official, Saeb Erekat, disagreed arguing that the Palestine Liberation Organisation had already declared independence in 1988. 'Now we need real independence, not a declaration. We need real independence by ending the occupation. We are not Kosovo. We are under Israeli occupation and for independence we need to acquire independence', Mr Erekat said. 
  6. 6,0 6,1 Declaración de independencia de Palestina (1988).
  7. 7,0 7,1 Middle East Review (en inglés) (27ª ed.). Kogan Page. ISBN 978-0-7494-4066-4. 
  8. 8,0 8,1 The World: A Third World Guide 1995–96. Instituto del Tercer Mundo. 1995. ISBN 978-0-85598-291-1. 
  9. "2002 Basic Law". The Palestinian Basic Law. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2010. Consultado o 2 de agosto de 2010. 
  10. Kellerman 1993, p. 140
  11. CIA. The World Factbook: Israel Arquivado 25 de decembro de 2018 en Wayback Machine..
  12. "Palestinian Authority applies for full UN membership". United Nations Radio. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 01 de febreiro de 2017. I would like to inform you that, before delivering this statement, I, in my capacity as President of the State of Palestine and Chairman of the Executive Committee of the Palestine Liberation Organization, submitted to H.E. Ban Ki-moon, Secretary-General of the United Nations an application for the admission of Palestine on the basis of the 4 June 1967 borders, with Al-Kuds Al-Sharif as its capital, as a full member of the United Nations. 
  13. «Izan bandera palestina en la Unesco».
  14. El País.
  15. "Official Documents System of the United Nations" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 01 de febreiro de 2017. 
  16. http://www.elperiodico.com/es/noticias/politica/camara-baja-irlanda-reconoce-estado-palestino-3764126
  17. «El Parlamento Europeo apoya el reconocimiento del Estado palestino | Internacional | EL MUNDO».
  18. http://www.nytimes.com/2014/10/14/world/europe/british-parliament-palestinian-state.html?
  19. http://www.elmundo.es/internacional/2014/12/17/549173a322601d9e748b4577.html
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 01 de febreiro de 2017. 
  21. El Vaticano reconoce al Estado Palestino Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine., latercera.com, 13 de maio de 2015.
  22. El Vaticano reconocerá al Estado de Palestina, diario El País, 13 de maio de 2015.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy