Unha estrea é a primeira representación, proxección ou exposición públicas dunha peza teatral, un filme ou unha obra musical, antes do comezo da súa explotación comercial e á cal asisten normalmente unha parte substancial do equipo que traballou na obra, o público asiste por invitación e son xeralmente críticos, persoas relacionados co medio e os seus autores, políticos e xente da cultura. A estrea adoita ir acompañada dunha rolda de prensa ou intervencións do autor, director ou actores e dunha sesión de fotos.