Estrela Polar

Mapa da constelación Osa Menor.

A Estrela Polar[1] é unha estrela que pola súa posición no firmamento, directamente enriba dun dos polos da Terra, é utilizada para auxiliar a navegación. Estrela Polar pode referirse tanto a Estrela do Norte como a Estrela do Sur, aínda que a expresión sexa normalmente utilizada en referencia a Polaris, a estrela máis brillante da constelación Osa Menor (en latín Ursa Minor), que é actualmente a Estrela do Norte.

A Estrela do Sur, a equivalente de Polaris no hemisferio sur, é σ Octantis, denominada tamén Polaris Australis. Non obstante, ao ser unha estrela de quinta magnitude apenas visible a simple vista, na práctica utilízase a constelación da Cruz do Sur como para atopar o polo sur celeste.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estrela.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy