Un estudio é un local onde traballa e estuda un profesional, en particular un pintor, escultor ou arquitecto. O termo evolucionou coas comunicacións ao local onde se realizan gravacións e emisións de programas de radio ou televisión, fotografía, animación, rodaxes de filmes, dobraxes etc.[1] Nos estudios as persoas con vontade de crear poden experimentar, manipular e producir un ou máis tipos de arte.
A etimoloxía da palabra "estudio" deriba da verba do latín studere que pode ser traducida como a "arela de conseguir algo".
O termo francés para estudio, atelier, no canto de designar un estudio artístico, utilízase para caracterizar o estudio dun deseñador de moda ou mesmo dun artesán, o que en galego sería un obradoiro ou taller[2] Tamén é coñecida a connotación de atelier como a casa dun alquimista ou feiticeiro.