Nome oficial | ULEB Cup (2002–2008) |
---|---|
Tipo | liga deportiva |
Deporte | baloncesto |
Organizador | FIBA Europa |
Liga inferior | Liga Romena de Basquetebol (pt) e Liga Búlgara de Basquetebol (pt) |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2002 – |
Calendario da tempada | outubro – |
Competición | |
Primeiro posto | Virtus Pallacanestro Bologna (2022) |
Outro | |
Páxina web oficial | euroleaguebasketball.net… |
A EuroCup Basketball, coñecida anteriormente como ULEB Cup, e chamada tamén actualmente como 7DAYS EuroCup debido a motivos de patrocinio, é unha competición europea de baloncesto organizada pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB) na que compiten os equipos mellor clasificados das ligas nacionais que non estean clasificados para disputar a Euroliga. Dende a tempada 2008-2009, esta competición, a segunda competición europea de clubs, comezouse a chamar "Eurocup" (antes ULEB Cup). Na Eurocup participan corenta e catro equipos, trinta e seis clasificados directamente, mentres que os oito restantes acceden tras quedar eliminados da fase grupos da Euroliga.
Esta competición foi creada na tempada 2002-2003 para recoller a testemuña da desaparecida Copa Korać que organizou a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) entre 1972 e 2002, considerada a segunda en importancia do continente tras a Euroliga, tamén organizada pola ULEB. O campión do torneo participa ao ano seguinte na Euroliga.