Europa

Modelo:Xeografía físicaEuropa
Imaxe
Tipoárea continental e illas circundantes
continente
rexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
EpónimoEuropa Editar o valor en Wikidata
Parte deEurasia
Terra
Ostfeste
Eurafrasia Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHemisferio norte Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°41′27″N 9°08′26″L / 48.690959, 9.14062
Comparte fronteira conAsia, leste Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis baixoMar Caspio Editar o valor en Wikidata  (−28 m Editar o valor en Wikidata )
Punto máis altoMonte Elbrus Editar o valor en Wikidata  (5.642 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie10.186.000 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invenciónhai 200.000 anos e hai 1.200.000 anos Editar o valor en Wikidata

Europa (Gl-Europa.ogg pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente eurasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.[1]

As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas. Andreas Kaplan describe a Europa como «unha máxima diversidade cultural nunha superficie xeográfica mínima».[2]

A definición máis estendida é aquela que a sitúa na metade occidental do hemisferio norte, limitada polo océano Ártico no norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo oeste, chega ata o océano Atlántico. Polo leste, limita con Asia, da que a separan os montes Urais, o río Ural, o mar Caspio, a cordilleira do Cáucaso, o mar Negro e os estreitos do Bósforo e de Dardanelos.[3]

Europa é o segundo continente máis pequeno en termos de superficie. Abarca 10 530 751 quilómetros cadrados ou o 2 % da superficie do mundo e ao redor de 6,8 % do total das terras emerxidas. Alberga un gran número de estados soberanos, cuxo número exacto depende da definición da fronteira de Europa, así como da exclusión ou inclusión de estados parcialmente recoñecidos. De todos os países europeos, Rusia é o maior en superficie (ao mesmo tempo en que é o estado soberano recoñecido internacionalmente máis extenso do mundo), mentres que a Cidade do Vaticano é o máis pequeno (ao mesmo tempo en que é o estado soberano e internacionalmente recoñecido máis pequeno do mundo). Europa é o cuarto continente máis poboado despois de Asia, África e América, cunha poboación de 740 813 959 (ano 2015) ou ao redor do 10.03 % da poboación mundial.[4]

Europa, en particular a Antiga Grecia, é o berce da cultura occidental. A caída do Imperio Romano de Occidente, durante o período da migración, marcou o fin da Idade Antiga e o comezo dunha era coñecida como a Idade Media.

O Renacemento cos seus consecuentes humanismo, arte e ciencia, ademais da exploración levaron ao "vello continente", e finalmente ao resto do mundo, á Idade Moderna. A partir deste período as nacións europeas desempeñan un papel preponderante nos asuntos mundiais, desde o século XVI en diante especialmente, despois do comezo da colonización. Nos séculos XVII e XVIII, as nacións europeas controlaron a maior parte de África, América, e gran parte de Asia, e posteriormente tamén Oceanía.

A Revolución Industrial, que comezou no Reino Unido no século XVIII, deu lugar a un cambio radical nos ámbitos económico, cultural e social en Europa Occidental, e posteriormente no resto do mundo.

A primeira guerra mundial e a segunda guerra mundial conduciron a unha diminución no dominio de Europa nos asuntos mundiais cando os Estados Unidos e a Unión Soviética tomaron a preeminencia.

A Guerra fría entre as dúas superpotencias dividiu Europa ao longo do Pano de aceiro. A integración europea deu lugar á formación do Consello de Europa e a Unión Europea na Europa occidental, as cales se expandiron cara ao leste desde a caída da Unión Soviética en 1991.

Actualmente, nacións que exercen poder hexemónico mundial como Estados Unidos son o resultado da colonización europea.

  1. Merke, Federico. "Reflexiones sobre la Seguridad y la Identidad en Europa" (PDF). Universidad Nacional Tres de Febrero: 18–19. Consultado o 17 de marzo do 2020. 
  2. Kaplan, Andreas M. (2014) «European management and European business schools: Insights from the history of business schools.» European Management Journal, 32(4), 529-534.
  3. Microsoft® Encarta® Online Encyclopea 2007. ""Europe"". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2007. Consultado o 27 de decembro de 2007. 
  4. "World Population Prospects: The 2017 Revision". Organización das Nacións Unidas (ONU) (en inglés). 1 de xuño de 2017. Archived from the original on 13 de abril de 2019. Consultado o 19 de marzo do 2020. File POP/1-1: Total population (both sexes combined) by region, subregion and country, annually for 1950-2100 (thousands) 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in