Eurowings

Eurowings
IATA
EW
OACI
EWG
Indicativo
EUROWINGS
Fundación1 de febreiro de 1993
Inicio das operacións1 de xaneiro de 1994
Plan de voo frecuenteMiles & More
Frota61
Destinos79
HoldingLufthansa Group
Páxina web: https://www.eurowings.com

Eurowings GmbH é unha aeroliña alemá con sede en Düsseldorf que pertence totalmente ao Lufthansa Group. Serve unha rede de destinos domésticos e europeos ademais dalgunhas rutas de longo alcance e ten bases nos aeroportos de Berlín-Tegel, Colonia/Bonn, Düsseldorf, Hamburgo e Viena-Schwechat.

Eurowings pasou por unha gran transformación en anos recentes. Foi parte de Lufthansa Regional ata outubro de 2014. Nese tempo comezou a operar para Germanwings dentro da súa rede. Dende a primavera de 2015 Eurowings foise transformando nunha aeroliña de baixo custo tanto en voos de curto alcance como de longo. En outubro dese ano tamén comezou a incorporar a rede de rutas de Germanwings como parte da fusión das dúas marcas.[1]

  1. aero.de (ed.). "Eurowings erhält ersten Airbus von Lufthansa". Consultado o 7 de setembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in