Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Euskaltel | |
---|---|
Sede de Euskaltel. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1995 |
Localización | Derio, Biscaia, País Vasco |
Persoas clave | Alberto García Erauzkin |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Telefonía móbil, telefonía fixa, TV, fibra óptica e ADSL |
Beneficio | 355,15 (2011) |
Número de empregados | 346 (2015) |
Na rede | |
https://www.euskaltel.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Euskaltel é un operador global de telecomunicacións vasco creado en xullo de 1995, que comercializa os seus servizos no País Vasco. Opera en telefonía fixa e móbil, televisión dixital e acceso a Internet de banda larga tanto mediante ADSL como por cable (único licenciatario para isto no País Vasco), para particulares e empresas. Euskaltel é o operador líder de Banda Larga no País Vasco, e conta cunhas cotas de mercado do 45% en telefonía fixa, 44% en Internet de Banda Larga, 30% en telefonía móbil, 30% de Televisión Dixital, e 25% do total de ingresos do sector de telecomunicacións en Euskadi. Euskaltel creceu en 2005 o dobre que o mercado. Os seus ingresos por operacións superaron os 316 millóns de euros, cun incremento do 9%, rexistrando un beneficio ordinario de 24,2 millóns de euros, un 50% superior con respecto ó exercicio anterior. Euskaltel está despregando unha rede de fibra óptica de última xeración no País Vasco, cuns investimentos de 1.200 millóns de euros (600 euros por habitante), o maior investimento en rede por habitante de todo o Estado español.
A súa sede está localizada no Parque Tecnolóxico de Derio, a poucos quilómetros de Bilbao, Biscaia. O goberno vasco ten o 7% das súas accións, -o 2% a través do EVE e o 5% por parte de EITB-. Á súa vez, as caixas de aforros vascas posúen o 63,86% do capital, -33,13% a BBK, 22,98% a Kutxa, e 7,75% a Vital a través de Araba Gertu.
Desde a súa fundación, actuou como comercializadora dos servizos de telefonía móbil de Amena (actualmente Orange) no País Vasco en virtude dun acordo comercial. Amena proveía ós clientes do servizo telefónico, pero era Euskaltel quen lles facturaba. O acordo que facía posible isto cancelouse a finais de 2006, e o 10 de decembro de 2006, Euskaltel pasou a prestar os seus servizos de telefonía móbil como operador móbil virtual tras romper o acordo con Orange (a antiga Amena), usando as antenas de Vodafone España.