Ewan Gordon McGregor, nado o 31 de marzo de 1971, é un actor escocés. É famoso, entre outras cousas, por participar nos tres primeiros episodios da saga de Star Wars, interpretando o Cabaleiro Jedi Obi-Wan Kenobi. McGregor tamén actuou como a contraparte masculina en filmes románticos de Hollywood como Moulin Rouge! e Abaixo o amor, aínda que a súa interpretación máis aclamada e a que o lanzou á fama foi a de Mark Renton, o protagonista antiheroe do filme de culto Trainspotting de Danny Boyle. No 2005 interpretou un psiquiatra no filme Stay de Marc Foster e no 2006 personificou a Ian Rider na adaptación da serie de libros de Alex Rider, o filme chamouse Stormbreaker e foi dirixido por Geoffrey Sax. Tamén participou na superproducción Angels & Demons, con Tom Hanks.