Exina, Grecia

Modelo:Xeografía políticaExina, Grecia
Imaxe

Localización
Mapa
 37°44′N 23°29′L / 37.73, 23.49
EstadoGrecia
Axencia gobernamentaladministración descentralizada de Ática
PeriferiasPeriferia de Ática Editar o valor en Wikidata
CapitalAegina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación13.056 (2011) Editar o valor en Wikidata (149,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie87,4 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porGolfo Sarónico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude531 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal180 10 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Páxina webaegina.gr Editar o valor en Wikidata

Exina (grego antigo Αἴγινα Aígina, grego moderno Αίγινα Éyina) é unha das illas de Grecia situada no medio do golfo Sarónico, entre as illas de Salamina ao norte, Angistri ao oeste e Poros ao sur; áchase a unha decena de quilómetros da costa nordés da península de Methano, no Peloponeso, e ao suroeste do Pireo, porto do cal dista uns 20 km.

O xentilicio dos habitantes desta illa é exineta. A illa é famosa polo seu templo de Afaia, un dos tres templos do triángulo sacro formado polo Partenón, o Templo de Poseidón do cabo de Sunión, e o templo de Afaia. Foi durante moito tempo unha gran rival de Atenas, tanto na Antigüidade como ao principio do século XIX. Exina foi unha das primeiras cidades marítimas e comerciais da Grecia Antiga: tivo a primeira mariña de Grecia e foi a primeira cidade en acuñar moeda. Foi a primeira capital (1828-1829) de Grecia que loitou pola súa independencia e o novo Estado grego fixo acuñar alí as súas primeiras moedas. A illa é tamén a principal produtora de pistachos de Grecia, e a maior exportadora a nivel mundial.

Segundo a tradición considérase que o seu nome deriva da ninfa Exina, nai de Éaco, quen naceu na illa e foi o seu rei.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in