Fagales (Fagais) é unha orde de anxiospermas (plantas con flores), que inclúe algunhas das árbores máis coñecidas, entre as que se atopan, por exemplo, as principais especies silvícolas de Galiza. O nome da orde deriva do xénero: Fagus, o das faias. Pertence á subclase Rosidae encadrada no grupo das dicotiledóneas. Actualmente Fagales inclúe es familias e xéneros a seguir:
- Betulaceae - betuláceas - familia dos bidueiros (Betula (bidueiros), Alnus (amieiros), Carpinus (carpes), Corylus (abeleiras), Ostrya (carpes lupulinos), Ostryopsis (carpes abeleiras))
- Casuarinaceae - casuarináceas - piñeiros de Australia (Casuarina, Gymnostoma, Ceuthostoma, Allocasuarina)
- Fagaceae - fagáceas - familia das faias (Fagus (faias), Quercus (carballos), Castanea (castiñeiros), Castanopsis, Chrysolepis, Formanodendron, Lithocarpus (carballos de pedra), Trigonobalanus, Colombobalanus)
- Juglandaceae - xuglandáceas - familia da nogueira (Juglans (nogueiras), Pterocarya, Carya, Cyclocarya, Alfaroa, Engelhardia, Oreomunnea, Platycarya, Rhoiptelea)
- Myricaceae - miricáceas (Myrica, Canacomyrica, Comptonia)
- Nothofagaceae - notofagáceas - familia das faias do sur (Nothofagus - subgenera Fuscospora, Brassospora e Lophozonia)
- Ticodendraceae - ticodendráceas - familia dos ticodendron (Ticodendron)
Sistemáticas máis vellas soamente incluían catro familias (Betulaceae, Corylaceae, Fagaceae, Ticodendraceae; Corylaceae agora inclúese dentro de Betulaceae); as outras familias incluíanse en tres ordes diferentes entre as Hamamelidae. A orde Casuarinales comportaría unha única familia: Casuarinaceae, a orde Juglandales comportaría as familias Juglandaceae e Rhoipteleaceae, e a orde Myricales comportaría as demais familias (ademais da Balanops).
- ↑ Angiosperm Phylogeny Group (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. doi:10.1111/j.1095-8339.2009.00996.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2017. Consultado o 2013–07–06.