Fascismo

Mussolini con Adolf Hitler.

O fascismo é unha doutrina totalitaria de extrema-dereita desenvolvida por Benito Mussolini na Italia, a partir de 1919, e durante o seu goberno (19221943 e 19431945). Fascismo deriva de fascio, nome de grupos políticos ou de militancia que xurdiron na Italia entre finais do século XIX e comezos do XX; mais tamén de fasces, que nos tempos do Imperio Romano era un símbolo dos maxistrados: un machado co mango rodeado de varas, simbolizando o poder do Estado e a unidade do pobo. Os fascistas italianos tamén foron coñecidos pola expresión camisas negras, en virtude do uniforme que levaban.

O fascismo susténtase nos seguintes principios:

Nacionalismo exacerbado, exaltación do Estado, rexeitamento ao liberalismo, o comunismo e á democracia liberal e culto ao líder.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy