Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2008.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1345 Santarém, Portugal |
Morte | 22 de outubro de 1383 (37 anos) Lisboa, Portugal |
Lugar de sepultura | Convento do Carmo |
Monarca de Portugal | |
18 de xaneiro de 1367 – 22 de outubro de 1383 ← Pedro I de Portugal – Xoán I de Portugal → | |
Datos persoais | |
Outros nomes | O Formoso O Inconstante |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Leonor Teles de Meneses (1371 (Gregoriano)–) |
Fillos | Isabel de Portugal, senhora de Viseu, Beatriz de Portugal |
Pais | Pedro I de Portugal e Constança Manuel |
Irmáns | María de Portugal, marquesa de Tortosa Luís de Portugal (1340) Infanta Maria of Portugal Infante Afonso João de Portugal, Duque de Valência de Campos Dinis de Portugal, Senhor de Cifuentes Beatriz de Portugal, Condessa de Alburquerque Xoán I de Portugal |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Fernando I, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1345 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1383, foi un nobre portugués, noveno rei de Portugal. Era fillo do rei Pedro I de Portugal e súa dona, a princesa Constanza de Castela. Fernando sucedeu a seu pai no ano 1367 e morreu o 22 de outubro de 1383. Foi alcumado O Fermoso ou O Belo (pola beleza física que numerosas fontes atestan) e, alternativamente, como O Inconsciente ou O Inconstante (debido á súa desastrosa política exterior que levou a tres guerras coa veciña Castela, e até ao perigo, logo da súa morte, de que o trono puidese recaer en mans estranxeiras).