A ferralla[1] é o conxunto de refugallos de ferro, ferro fundido ou de aceiro, e xunto coa mena de ferro, son as dúas materias primas máis importantes da siderurxia. Este refugallos poden ser identificados de xeito doado e, polo tanto, poden ser recuperados e reciclados.
A ferralla de ferro é imprescindible para fabriación de aceiro. A gusa de ferro, extraída da mena que sae dun alto forno pasan nunha segunda fase a un convertedor onde son mesturados cun 20 a 40% de ferralla.[2][3] No caso dos fornos eléctricos esta porcentaxe pode atinxir até o 100%. Ademais das empreses especializadas, segundo o Gremio de Recuperación de Cataluña, en 2015 unhas 53 500 persoas recollen ferralla nas rúas dos concellos cataláns. Este número medrou nos últimos anos e por mor dos escasos ingresos, o traballo precarizouse aínda máis.[4][5]
Un caso especial forma a "ferralla espacial": carcasas e outros obxectos perdidos na órbita terrestre que causan un problema para as axencias espaciais. En 2015, estaban inventariadas até vinte mil pezas, que van da medida dunha mazá á dun autobús.[6]