فـاس (ar) Fès (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Monarquía constitucional | Marrocos | ||||
Rexión | Fez-Meknès (pt) | ||||
Prefectura | Prefectura de Fez (pt) | ||||
Capital de | Califado Idríssida (pt) Dinastía merínida Prefectura de Fez (pt) Fez-Meknès (pt) (2015–) Fez-Boulemane (pt) (–2015) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.112.072 (2014) (3.475,23 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 17.342 (2014) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 320 km² | ||||
Altitude | 408 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Califado Idríssida (pt) | ||||
Creación | 789 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Idriss Azami Al Idrissi (en) (2015–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30000–30206 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 05356 | ||||
ISO 3166-2 | MA-FES | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | portaildefes.ma | ||||
Fez[1][2] (فـاس [Fās], en árabe, Fès en francés) é a terceira cidade de Marrocos, despois de Casablanca e Rabat. Segundo o censo de 2014 a cidade conta cunha poboación de 1 112 072 habitantes.
A cidade de Fez é a capital do islam en Marrocos, da rexión de Fez-Bulmán e da prefectura de Fez. Sita na rexión antigamente chamada Hispania Nova.
Xunto a Marrakech, Mequinez e Rabat conforma parte das cidades imperiais. É considerada como o centro relixioso e cultural de Marrocos. A súa universidade, famosa polo estudo do árabe e da relixión, convértena nun punto de paso para gran número de estudantes marroquís.
A cidade está dividida en tres zonas, Fez el-Bali, a zona antiga, dentro das murallas, Fès el-Jdid, a zona nova, onde está a Mellah, o barrio xudeu, e a Ville Nouvelle (Vila Nova), a zona francesa no noroeste da cidade. A medina de Fez el-Bali, a maior das dúas da cidade, é a maior zona peonil do mundo, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.