Fibra de carbono

Detalle dunha carrozaría en fibra de carbono.

A fibra de carbono é unha fibra sintética formada por filamentos finos de 6–10 μm de diámetro e composta principalmente por carbono.[1] Cada fibra de carbono é a unión de miles de filamentos de carbono. É unha fibra sintética porque está fabricada a partir de poliacrilonitrilo. Ten propiedades mecánicas similares ao aceiro e é tan lixeiro como a madeira ou o plástico. Debido á súa dureza, ten unha maior resistencia ao impacto que o aceiro.

A principal aplicación é a fabricación de materiais compostos, na maioría dos casos con polímeros termoestables. O polímero adoita ser resina epoxi, de tipo termoestable, aínda que tamén se pode asociar con outros polímeros, como o poliéster ou o viniléster.

  1. "Carbon Fiber". madehow.com. Consultado o 2024. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in