Fliscorno

Fliscorno
Información
Clasificaciónvento metal
Tesitura
Instrumentos relacionadosTrompeta, corneta, trompeta baixa, saxhorno, flumpet
Músicos notables

O fliscorno é un instrumento de vento, pertencente á familia dos instrumentos de vento metal ou metais dentro da familia dos bugles (tamén chamados figles, bügelhorn, flügelhorn ou saxhornos), fabricado en aliaxe de metal (normalmente latón). Garda gran similitude coa trompeta.

O son prodúcese grazas á vibración dos beizos do intérprete na parte denominada boquilla a partir da columna do aire (fluxo do aire). O fliscorno comunmente está afinado en Si bemol.

O músico que toca o fliscorno chámase fliscornista.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy